
VANGARDA
A exaltación do berberecho
Hai anos era unha deshonra comer o que hoxe grandes cociñeiros califican de “manxar”. Podemos afirmar que non hai unha única maneira de facer berberecho. De feito, poderiamos dicir que hai infinidade.
Dende comelo cru, como cativos e cativas fixeron dende sempre nas praias de Taramancos e Testal, levando o berberecho directamento do mar á boca, até facer os pratos gourmet do máis elaborados.
Para celebrar esta evolución e por en valor o produto celébranse cada ano as Xornadas de Exaltación do Berberecho na vila noiesa. Nelas cociñeiros de renome fan platos xirando ao redor do berberecho.
FERNANDO AGRASAR
FERNANDO AGRASAR
Propietario do restaurante As Garzas, situado en Malpica de Bergantiños, na provincia de A Coruña, posuidor dun sol Repsol dende 2013 e unha estrela Michelín dende o ano 2010.
ÓSCAR
VIDAL
ÓSCAR
VIDAL
Cociñeiro no Asador O Pazo. Ademais de traballar con produtos de temporada, utiliza as materias primas do seu entorno. Cociña autóctona, sinxela, baseada na tradición.
DANI
LÓPEZ
DANI
LÓPEZ
A do seu restaurante O Camiño do Inglés, en Ferrol, está baseada en receitas internacionais, pero co produto galego como protagonista.
CRISTIAN SANTIAGO BREIJO
CRISTIAN SANTIAGO BREIJO
Chef e dono do restaurante Marea de Cariño. Realizou as prácticas en Casa Marcelo, o restaurante compostelá que logrou en 2004 a primeira estrela Michelín.
IVÁN DOMÍNGUEZ
IVÁN DOMÍNGUEZ
Comezou no restaurante Casa Marcelo, que xa tiña unha estrela Michelín.
Tras esta experiencia en O Loxe Mareiro cultivou a súa curiosidade polo produto fresco e con pouca elaboración. Actualmente traballa no restaurante coruñés Alborada, que conta cunha estrela Michelín.
Pratos con estrela
Berberechos en salsa de apio e cilantro

Ó caldo de peixe botámoselle o líquido que soltan os berberechos na conserva para dar sabor.
Engadimos un pouco de tomate concentrado, un pouquiño de apio e un chisco de cilantro e o trituramos.
Finalmente, engadimos o contido dunha lata de berberechos.
Berberechos ao litoral
Trátase dun dos primeiros pratos que comezaron a realizarse co berberecho.
Cociñamos os berberechos ao vapor ata que se abran e os reservámolos.
Agora é o momento de facer a salsa. Untamos millo doce, leite de coco e jalapeños, triturámolo todo e obtemos unha crema.
Engadimos os berberechos á crema acompañándoos con algas e herbas do litoral.

Berberechos con minestrone
.jpeg)